A Universidade Sénior ofrecerá un programa de formación que, baixo a denominación de “Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte” con tres seminarios de distintas temáticas:
“Arte e Patrimonio: Percepción e Idea”.
Este seminario será impartido polo Profesor Fernando Agrasar, Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC) e estará composto de dúas sesións teóricas e unha saída de campo:
- 4 e 11 de abril de 2018, de 17 a 19 horas: Sesións teóricas
- 12 de abril de 2018, de 10.30 a 13.30, saída de campo ao Museo Man de Camelle (Camariñas).
“Hábitos de vida saudables. Nutrición e Actividade Física”
Este seminario será impartido polo Profesor Fernando Cordido Carballido, da Facultade de Ciencias da Saúde, e pola Profesora Isabel Raposo Vidal, da Facultad de Enfermería e Podoloxía, ambos da Universidade da Coruña (UDC), e estará composto por dúas sesións teóricas, e unha sesión práctica adicada a o desenvolvemento dun programa de exercizo e actividade física:
- 25 de abril e 2 de maio de 2018, de 17 a 19 horas: Sesións teóricas
- 3 de maio de 2018, de 17 a 19 horas, sesión práctica
“Biodiversidade e cambio global en Galicia”
Este seminario será impartido polo Profesor Jaime Fagundez Díaz e o Profesor Sergio Rodríguez Roiloa da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (UDC), e estará composto por dúas sesións teóricas, e unha saída de campo:
- 16 e 23 de maio de 2018, de 17 a 19 horas: Sesións teóricas
- 24 de maio de 2018, de 16.30 a 19.30, saída de campo “Soneira ao natura: ecosistemas e lugares singulares.
As sesións teóricas terán lugar no Centro Sociocultural de Baio (Zás) e a sesións práctica do seminario de “Hábitos de vida saudables. Nutrición e Actividade Física” terá lugar no Pavillón deportivo de Baio.