PROGRAMA DE FORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA MAIORES DE 50 ANOS NA COSTA DA MORTE “Compartindo experiencia e coñecemento”
PROGRAMACIÓN:
A acción formativa busca revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día, e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias.
As materias que se impartirán pertencen a tres grandes áreas temáticas: Humanidades e Ciencias Sociais, Ciencia e Tecnoloxía e Ciencias da Saúde. A dedicación total do alumnado é dun mínimo de 4 horas semanais.
As sesións formativas desenvolveranse segundo o cronograma que figura a continuación, dende marzo ata maio. Ademais, as materias terán vinculadas como actividade complementaria unha saída de campo ou visita cultural, adaptadas aos intereses formativos a desenvolver polos docentes responsables das materias. Estas últimas desenvolveranse nos meses de abril e maio.
MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL
- Catro etapas da arquitectura antiga de Galicia. Profesor Álvaro José Iglesias Maceiras
- Marzo: mércores 25 de 17:00 a 19:00
- Abril: mércores 1 de 17: a 19:00
- Lingua e Literatura Galega. Profesor Xoán López Viñas
- Marzo: xoves 26 de 17:00 a 19:00
- Abril: xoves 2 de 17:00 a 19:00
- Visita Cultural ao entorno da comarca proposto polo docente
- Abril: venres 17 de 10:30 a 13:30
MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE
- Enxeñaría e tecnoloxía ambiental. Profesores Manuel Soto Castiñeira e Verónica Torrijos Pérez
- Abril: mércores 15 de 17:00 a 19:00
- Abril: mércores 22 de 17:00 a 19:00
- Agronomía de mar e montaña. Profesores Javier Cremades Ugarte e Federico Pomar Barbeito
- Abril: xoves 16 de 17:00 a 19:00
- Abril: xoves 23 de 17:00 a 19:00
- Saída de Campo ao entorno da comarca proposta polo docente
- Abril: venres 24 de 10:30 a 13:30
MÓDULO III: SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
- Neurociencia. Profesora Carmen de Labra Pinedo
- Abril: mércores 29 de 17:00 a 19:00
- Maio: mércores 6 de 17:00 a 19:00
- Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico. Profesora Isabel Raposo Vidal
- Abril: xoves 30 de 17:00 a 19:00
- Maio: xoves 7 de 17:00 a 19:00
- Sesión práctica de exercicio terapéutico
- Maio: venres 8, de 10:30 a 13:30
Descargar folleto en PDF: