O Programa 2021 “Coñecendo o Camiño coa Universidade Sénior”, na prensa

Baio acogerá una nueva edición de la Universidade Sénior para mayores de 50 años de la Costa da Morte, La Voz de Galicia, ed. Carballo, 10 de abril de 2021

A UDC Sénior volve á Costa con 3 xornadas formativas para maiores sobre o Camiño, Que pasa na Costa – xornal dixital, 10 de abril de 2021

Nova edición do programa de Democratización do Coñecemento para maiores de 50 anos en Zas, NH Diario – xornal dixital, 11 de abril de 2021

“Matilde García, directora da Universidade Sénior: “Temos a obriga de devolververlle aos maiores toda a súa xenerosidade”, La Voz de Galicia, ed. Carballo, 21 de abril de 2021

“La Universidade Sénior en la Costa da Morte comenzará el lunes, en Baio” – La Voz de Galicia, ed. Carballo, 24 de abril de 2021

Puesta de largo de la tercera edición de la Universidade Sénior, esta tarde” – La Voz de Galiacia, ed. Carballo, 26 de abril de 2021

“A Universidade Sénior achega a Baio a historia e a paisaxe do Camiño” – El Correo Gallego – 24 de abril de 2021

“45 maiores de 50 anos únense á Universidade Sénior da Costa da Morte para coñeceren o Camiño” – Que pasa na Costa – xornal dixital, 24 de abril de 2021

“La familia de la Universidade Sénior de la Costa da Morte volvió a reunirse” – La Voz de Galicia, ed. Carballo, 27 de abril de 2021

A Universidade Sénior oferta unha nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de abril e maio, na localidade de Baio (Zas), baixo o título “Coñece o Camiño coa Universidade Sénior”.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse, dende o 12 ata o 22 de abril, de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ ) ou presencialmente, a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”.

O programa xira en torno ao Camiño de Santiago, e consta de tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas:

“Santiago Apóstolo : Historia, Mito e Lenda”, a cargo do Prof. Alvaro J. Iglesias Maceiras
26 de abril, de 17 a 19 h.

“A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” a cargo do Prof. Xoán López Viñas
3 de maio, de 17 a 19 h.

“O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes”, a cargo do Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo
10 de maio 17 a 19 h.

Ao rematar a actividade formativa, os días 10 e 12 de maio, a partir das 19 h. terá lugar o Acto de Clausura.

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respondendo as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol.

Aviso importante

Ante a situación excepcional plantexada pola evolución do coronavirus COVID-19:
  • Adíase ata novo aviso o comezo das sesións formativas presenciais no Auditorio de Baio.
  • O proceso de solicitude de praza e selección de alumnos/as continuará con normalidade a través do formulario on-line establecido para iso: https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/inscricion/
  • A Universidade Sénior manterá o servicio de atención telefónica para facilitar a inscrición a través do teléfono 881014508, en horario de 9 a 14:30, de luns a venres, ata o fin do prazo o vindeiro 20 de marzo.

A presentación da 3ª edición, na prensa

 

 

4 de marzo: Presentación da 3ª edición do Programa de Democratización do Coñecemeno na Costa da Morte – 2020

A Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Dna. Nancy Vázquez Veiga, o Alcalde de Zas e Presidente do GDR “Costa da Morte”, D. Manuel Muíño Espasandín; e Dna. Matilde García Sánchez, Directora da Universidade Sénior, presentarán en Rolda de Prensa a 3ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte, nun acto que que terá lugar o mércores 4 de marzo, ás 13:00 horas, no Auditorio do Polideportivo de Baio (Zas).

A inscrición, que será gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ ) ou presencial a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”, dende o 5 ata o 20 de marzo.

O programa formativo consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, e busca revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día, e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias, a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, coas seguintes temáticas e calendario:

MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL

  • Catro etapas da arquitectura antiga de Galicia. Profesor Álvaro José Iglesias Maceiras. Mércores 25 de marzo e 1 de abril, de 17 a 19 h.
  • Lingua e Literatura Galega. Profesor Xoán López Viñas. Xoves 26 de marzo e 2 de abril, de 17 a 19 h.
  • Visita Cultural: Venres, 17 de abril de 10:30 a 13:30 h.

MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE

  • Enxeñaría e tecnoloxía ambiental. Profesores Manuel Soto Castiñeira e Verónica Torrijos Pérez. Mércores 15 e 22 de abril, de 17 a 19 horas
  • Agronomía de mar e montaña. Profesores Javier Cremades e Federico Pomar Barbeito. Xoves 16 e 23 de abril, de 17 a 19 h.
  • Saída de Campo: Venres 24 de abril, de 10:30 a 13:30 h.

MÓDULO III: SAÚDE E CALIDADE DE VIDA

  • Neurociencia. Profesora Carmen de Labra Pinedo. Mércores 29 de abril e 6 de maio, de 17 a 19 h.
  • Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico. Profesora Isabel Raposo Vidal. Xoves, 30 de abril e 7 de maio, de 17 a 19 horas
  • Sesión práctica de exercicio terapéutico. Venres 8 de maio, de 10:30 a 13:30 h.

Con esta terceira edición do Programa de Democratización do Coñecemento, a Universidade Sénior achégase de novo ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde 2001, nos campus da Coruña e Ferrol, nos que preto dun milleiro de alumnos e alumnas cursan estudios na Universidade Sénior.