Proxecto Formativo

Esta formación universitaria ten por finalidade achegar ás persoas maiores da Costa da Morte, unha realidade formativa específicamente deseñada: o Programa Universitario para Maiores da UDC, a Universidade Sénior, aínda descoñecida no entorno, e que hai máis dunha década se ven impartindo nas cidades da Coruña e Ferrol, converténdose nunha importante ferramenta de desenvolvemento formativo, cultural e social, que permite avanzar no camiño dun envellecemento activo.
Os obxectivos nos que se traducen estas finalidades son:
• Proporcionar unha formación que axustada aos seus intereses culturais e formativos.
• Mellorar a calidade de vida a través da formación e do coñecemento, contribuíndo á prevención da dependencia.
• Favorecer o desenvolvemento persoal e social, potenciando as relacións interpersonais e interxeracionais.
• Facilitar unha formación que permita unha aprendizaxe autónoma e un maior aproveitamento das ofertas formativas, culturais e de ocio.
• Promover unha cidadanía activa, crítica e participativa entre as persoas maiores