O vindeiro día 10 de maio, ás 17 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio, a última das sesións da edición 2021 do Programa de Democratización do Coñecemento que impulsa a Universidade Sénior para as persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte. Ao seu remate, terá lugar o acto de clausura.

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña desenvolveu, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración có GDR “COSTA DA MORTE” e o Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

45 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, procedentes de 7 concellos das comarcas que fan parte da Costa da Morte participaron entre abril e maio nun programa baixo o título “Coñecendo o Camiño coa Universidade Sénior” que será clausurado o vindeiro luns, día 10 de maio, ás 19 horas, coa presenza da Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e mailo Alcalde do Concello de Zas e presidente do GDR “Costa da Morte”, Manuel Muiño Espasandín.

A clausura terá lugar logo da última conferencia do Programa, que baixo o título “O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes”, será impartida polo Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo, a partir das 17 horas.

Con este Programa, a Universidade Sénior achegouse un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respondendo as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s