A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de abril e maio, na localidade de Baio (Zas), baixo o título “Coñece o Camiño coa Universidade Sénior”.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse, dende o 12 ata o 22 de abril, de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ ) ou presencialmente, a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”.

O programa xira en torno ao Camiño de Santiago, e consta de tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas:

“Santiago Apóstolo : Historia, Mito e Lenda”, a cargo do Prof. Alvaro J. Iglesias Maceiras
26 de abril, de 17 a 19 h.

“A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” a cargo do Prof. Xoán López Viñas
3 de maio, de 17 a 19 h.

“O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes”, a cargo do Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo
10 de maio 17 a 19 h.

Ao rematar a actividade formativa, os días 10 e 12 de maio, a partir das 19 h. terá lugar o Acto de Clausura.

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respondendo as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s