4 de marzo: Presentación da 3ª edición do Programa de Democratización do Coñecemeno na Costa da Morte – 2020

A Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Dna. Nancy Vázquez Veiga, o Alcalde de Zas e Presidente do GDR “Costa da Morte”, D. Manuel Muíño Espasandín; e Dna. Matilde García Sánchez, Directora da Universidade Sénior, presentarán en Rolda de Prensa a 3ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte, nun acto que que terá lugar o mércores 4 de marzo, ás 13:00 horas, no Auditorio do Polideportivo de Baio (Zas).

A inscrición, que será gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ ) ou presencial a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”, dende o 5 ata o 20 de marzo.

O programa formativo consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, e busca revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día, e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias, a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, coas seguintes temáticas e calendario:

MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL

  • Catro etapas da arquitectura antiga de Galicia. Profesor Álvaro José Iglesias Maceiras. Mércores 25 de marzo e 1 de abril, de 17 a 19 h.
  • Lingua e Literatura Galega. Profesor Xoán López Viñas. Xoves 26 de marzo e 2 de abril, de 17 a 19 h.
  • Visita Cultural: Venres, 17 de abril de 10:30 a 13:30 h.

MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE

  • Enxeñaría e tecnoloxía ambiental. Profesores Manuel Soto Castiñeira e Verónica Torrijos Pérez. Mércores 15 e 22 de abril, de 17 a 19 horas
  • Agronomía de mar e montaña. Profesores Javier Cremades e Federico Pomar Barbeito. Xoves 16 e 23 de abril, de 17 a 19 h.
  • Saída de Campo: Venres 24 de abril, de 10:30 a 13:30 h.

MÓDULO III: SAÚDE E CALIDADE DE VIDA

  • Neurociencia. Profesora Carmen de Labra Pinedo. Mércores 29 de abril e 6 de maio, de 17 a 19 h.
  • Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico. Profesora Isabel Raposo Vidal. Xoves, 30 de abril e 7 de maio, de 17 a 19 horas
  • Sesión práctica de exercicio terapéutico. Venres 8 de maio, de 10:30 a 13:30 h.

Con esta terceira edición do Programa de Democratización do Coñecemento, a Universidade Sénior achégase de novo ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde 2001, nos campus da Coruña e Ferrol, nos que preto dun milleiro de alumnos e alumnas cursan estudios na Universidade Sénior.

2 thoughts on “4 de marzo: Presentación da 3ª edición do Programa de Democratización do Coñecemeno na Costa da Morte – 2020

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s